Cada vez son menos os lugares que conservan unha vexetación autóctona galega, e tamén no Val do Ouro especies estranxeiras, como o eucalipto, están a invadir as terras, por motivos principalmente comerciais. Quedan, a pesar de todo, lugares como a Fraga das Lerias, que conservan toda a intensidade das fragas típicas de Galicia. Na Fraga das Lerias abundan os carballos e outras árbores galegas, formando entre todas elas un intricado paisaxe de pólas e sombras, unha paisaxe case lendaria. Varios regatos percorren o bosque e saltan entre as penas, formando cascadas. Varios barrancos, agochados entre a tupida vexetación, fan rebotar os ecos na natureza na distancia. Aínda nos días de intenso sol, a escuridade domina no interior da Fraga das Lerias, así como a humidade e o frescor.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
De tódalas maravillas do Valadouro, esta é sin dúbida a máis grande! A Fraga das Lerias é un sitio doutro tempo e outro lugar... un lugar "mellor".
Pra todo o que vaia, por favor... cuidádea! :)
Publicar un comentario