Pico situado entre os concellos de Foz e de Alfoz. Nel existiu no século XV unha fortaleza na que o Mariscal Pardo de Cela resistiu o asalto das tropas dos Reis Católicos, até ser prendido por estas grazas á traizón. Unha vez capturado o Mariscal, as tropas dos Reis Católicos destruíron a fortaleza, sen deixar pedra sobre pedra. Na actualidade só quedan algúns restos dos cimentos do antigo castelo. Dende o alto do pico da Frouxeira pódese contemplar unha ampla panorámica do Val do Ouro, sobre todo da parroquia alfocense de Carballido. Algunha lenda fala dun túnel subterráneo que na Idade Media comunicaba o castelo da Frouxeira co do Castro de Ouro, os dous de Pardo de Cela.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
3 comentarios:
Xa está ben de cambiarlle o nome ás cousas. O Valadour chñamase Valadouro e non Val do Ouro, por moito que comprenda dous concellos e algunas parroquias dun terceriro: Sato Acisco do Valadouro, Santa Cilla do Valadouro.
A Frouseira chámase Frouseira, con S. Con X é unha praia do concello de Valdoviño, preto de Ferrol.
Miguel Vila
Los acontecimientos históricos,protagonizados por el MARISCAL, nos atraen a la montaña "A FROUXEIRA", pero una vez allí, no damos crédito a lo que divisan nuestros ojos: un paisaje tan hermoso que no se puede describir sin el riesgo de ser injusto; hay que ver esta gran obra maravillosa de la naturaleza.
J.C.I.
Como dice Miguel mais enriba, o nome de este lugar e A FROUSEIRA, con S. Rogo o blogmaster, que se digne rectificalo.
Publicar un comentario